Auxilian a unha muller na auga por un posible síncope en Sanxenxo

Foi trasladada consciente ao hospital Montecelo tras recibir os primeiros coidados na praia de Silgar.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 01/06/2025 | Actualizada ás 15:59

Comparte esta noticia

Unha muller tivo que se trasladada ao hospital de Montecelo tras ser sacada da auga, por un posible síncope, na praia de Silgar, no municipio pontevedrés de Sanxenxo. O suceso produciuse sobre as 13.40 horas deste domingo e foron varios usuarios os que auxiliaron á muller e alertaron aos socorristas e á central de emerxencias. Cando chegaron os socorristas, a persoa estaba consciente e en posición lateral de seguridade. A muller foi trasladada, en ambulancia, consciente ao Hospital de Montecelo.

Ambulancia do 061 / Urxencias Sanitarias - Arquivo / Europa Press
Ambulancia do 061 / Urxencias Sanitarias - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta