Investigan o intento de secuestro dunha menor en Maceda

Segundo confirmaron fontes do Instituto Armado, o caso está en fase inicial e, polo momento, non pode catalogarse formalmente como un secuestro.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 05/06/2025 | Actualizada ás 18:39

Comparte esta noticia

A Garda Civil abriu unha investigación tras unha denuncia por un suposto tento de secuestro dunha menor no municipio ourensán de Maceda. Segundo confirmaron fontes do Instituto Armado, o caso está en fase inicial e, polo momento, non pode catalogarse formalmente como un secuestro. Os feitos ocorreron este martes, cando unha nena camiñaba soa cara ao pavillón de Maceda. Agora, a Garda Civil investiga os feitos.

Un axente da Garda Civil, de costas, de pé xunto a un vehículo oficial / GARDA CIVIL / Europa Press
Un axente da Garda Civil, de costas, de pé xunto a un vehículo oficial / GARDA CIVIL / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta