Uso do Galego no Foro E. Peinador

Xosé González Martinez, presidente do Foro E. Peinador, comunicanos que este grupo quere impulsar o uso do galego nos seus cursos e seminarios...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 23/02/2009 | Actualizada ás 12:12

Comparte esta noticia

O Foro E. Peinador  reuniuse coas escolas de negocios de Caixanova, Grupo Academia Postal e Instituto Tecnolóxico Empresarial de Caixa Galicia.

No encontro cos directores destes centros académicos abordouse o deseño  dun plan para introducir a lingua galega nos programas curriculares dos distintos cursos  ofertados a profesionais do ámbito da empresa.

Os directivos  da Escola de Negocios de Caixanova, do Grupo Academia Postal e Instituto Tecnolóxico Empresarial de Caixa Galicia  mostraron a súa disponibilidade para introducir nos cursos que programan os respectivos centros, información e documentación que contribúan a formar ao alumnado nas posibilidades da lingua galega  na aplicación das estratexias comerciais, nas relacións cos usuarios e consumidores, publicidade e relacións laborais.

Para poñer en marcha este plan, tódolos tres centros acordan crear unha comisión encargada de redatar un programa de obxectivos, e a elaboración dunha bibliografía básica para a divulgación e coñecementos dos fundamentos sociolingüísticos e dereito que regula o uso das linguas cooficiais no ámbito privado.  Asemade, amosaron o seu interese na sinatura dun convenio coa Secretaría Xeral de Política Lingüística para  materializar tales proxectos normalizadores.

Participaron no encontro: Marisol López Martínez, Secretaría Xeral de Política Lingüística; Carlos Varela García, Fiscal Superior de Xustiza; Marcos Fernández Martínez, xerente do ITE Caixa Galicia; Eduardo García, director da Escola de Negocios de Caixanova; Francisco Novoa, directora da Escola de Negocios do Grupo Academia Postal; Xosé González Martínez e  Xosé Manuel Ortigueira.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 alfonso

Penso que este é o camiño, cumprindo a Lei de Normalización Lingüística, que non se cumpre e é do ano 1983, e con iniciativas como ésta por toda a nosa terra o Galego non estaría na situación de conflito permanente coma o de agora, iniciativa privada ou de grupos de acción local e apoio institucional. E de paso poderían ensinar na escola a labor dun dos máis grandes empresarios galegos don Enrique Peinador, todo un exemplo, como dun salto de auga, recurso local, fórmase todo un imperio. Ata logo rapaces!