Alfonso Villares cesado como vogal do consello do Porto de Ferrol

O DOG publica tamén o cesamento da propia Marta Villaverde como directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/06/2025 | Actualizada ás 17:10

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres o cesamento do exconselleiro do Mar Alfonso Villares como vogal no consello de administración da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao.

A orde a firma a súa sucesora á fronte do departamento de Mar, Marta Villaverde, mediante un texto no que, seguindo a fórmula protocolaria habitual, agradécenselle a Villares os servizos prestados.

Así mesmo, o DOG publica tamén o cesamento da propia Marta Villaverde como directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro.

A renuncia neste caso, polo seu "pase a outro destino", a firma o propio presidente, Alfonso Rueda, que tamén lle agradece os servizos prestados.

Neste caso, constátase que o cesamento terá efectos do día 4 de xuño, xornada na que se anunciou o seu nomeamento como conselleira tras dimitir Villares despois de recibir notificación do TSXG de que estaba investigado por suposta agresion sexual por mor dunha denuncia presentada meses atrás.

O ex  conselleiro do Mar, Alfonso Villares / Álvaro Ballesteros  / Europa Press
O ex conselleiro do Mar, Alfonso Villares / Álvaro Ballesteros / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta