Os veciños comezan a gobernar na Coruña

Os Orzamentos Participativos da Coruña deixan 1 millón de euros nas mans da veciñanza. O concello abrirá a web A Porta Aberta na que os coruñeses poden aportar e votar polas propostas.

Por Ubaldo Cerqueiro | A Coruña | 01/06/2016 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Arrinca estes días na cidade da Coruña o chamado proceso de participación cidadá Porta Aberta.
Claudia Adelso, concelleira de Participación Democrática e mocidade, xunto unhas das técnicas municipais da nova concellería, presentaban o proxecto mais de medio cento de entidades sociais da cidade herculina na Domus.

Participantes na sesión informativa sobre os orzamentos participativos na Coruña
Participantes na sesión informativa sobre os orzamentos participativos na Coruña | Fonte: Ubaldo Cerqueiro

Claudia lembrou que están en marcha tres procesos participativos. O #DilloTi, xa na última fase de execución, foi recollendo polos barrios as inquedanzas da veciñanza coa presencia dos 10 concelleiros do grupo municipal da Marea Atlántica, ademais do alcalde. Un proceso que continúa coa análise de todas as peticións dos veciños e que pronto verá a luz o seu informe inicial, se ben moitas cuestións sinaladas nesas citas, como pequenas obras polos barrios, xa se foron levando adiante. Outro proceso tivo como protagonistas aos mozos da vida, falando con eles nos centros de ensino.

Este é o 3º, e moi importante porque ten que ver cos cartos. Esta Porta Aberta é a primeira experiencia de Orzamentos Participativos na cidade, e arrincará cun proxecto piloto que contará con 1 millón de euros (aproximadamente o 0,5% dos orzamentos totais, que será só os relativos a investimentos) para que a sociedade decida onde o quere empregar.

Un proceso aberto, que xa se desenvolve en moitas cidades portuguesas e mesmo algunha galega, como San Sadurniño. O procedemento vaise levar a cabo a través dunha plataforma online: A Porta Aberta, dentro da web municipal (aportaaberta.coruna.es) onde se pode aportar e votar polas propostas. Tamén poden acudir ás Bibliotecas e CMIX para consultar dúbidas.

Será desenvolto por fases. Por agora estamos na fase informativa(con debates abertos, serán 12,  o primeiro este mércores en María Pita ás 19:00h); despois tocará Recollida de Propostas; Apoios; Avaliación e Votacións. As propostas máis votadas serán incluídas nos Orzamentos de 2017, que esperan aprobar con maior antelación que os deste curso.

Xurdiron dúbidas entre as entidades asistentes, algunhas persoas falando do seu libro, pero outras intentando mellorar o proceso. Que facer coas propostas semellantes, a posibilidade de aportar varias propostas... O propio papel das entidades saíu a colación, como organizando foros de debate, ou aportando ideas conxuntas.
Na súas intervencións, os veciños suliñaron que non se van poder levar a cabo todas as necesidades das entidades sociais. Ademais, alertaro q

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Bufffff

Canto conto... Eu invito a calquera veciño que vexa baldosas despegadaa na súa acera, que reclane un contedor mais porque no que teñen non cabe o lixo, etc. eu invito que escriba ao 010, que é desde onde sempre se fixeron suxerencias. Era costume que contestaran agradecendoa e dicíndoche que ían facer o que propuñas. Ou contestaban de xeito negativo aportando razóns polas que non o ían facer. Estes, simplemente, non contestan. Traballan pouco, e o que fan é poñer en marcha cauces para que a xente se exprese e ventile emocións. Despois nin p. caso. Larchaaaáns...