Operación Lecoq: Incautan 17 galos combatentes e investigadas 4 persoas por pelexas ilegais

A Garda Civil inspeccionou unha nave en Coristanco onde atopou 17 galos listos para combatir.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/06/2025 | Actualizada ás 10:10

Comparte esta noticia

A Unidade de Protección da Natureza da Comandancia da Garda Civil da Coruña, en colaboración coa Garda Civil do Posto Principal de Carballo e a Patrulla de Protección da Natureza de Milladoiro, investiga a catro persoas como presuntos autores dun delito de malos tratos animais, concretamente, por organizar pelexas de galos.

A operación Lecoq, así denominada, iniciouse ao ter coñecemento os compoñentes do Posto Principal de Carballo da posible existencia dun evento de pelexas de galos ilegais. Tras localizar o posible lugar da celebración do mesmo, os gardas civís comunicaron o feito aos efectivos do Seprona, por ser a especialidade competente na materia, acudindo estes inmediatamente á localización indicada.

Unha vez no punto localizaron un galpón no que se escoitaba cacarexar a galos, polo que procederon á inspección do lugar en compañía da propietaria do terreo. No transcurso da inspección localizaron numerosos galos de raza combatente español, aparentemente preparados para pelexar, xa que tiñan os espolóns traseiros das patas extremadamente afiados, envoltos en esparadrapo para evitar autolesións.

Todos eles en aloxamentos individuais debido á agresividade innata e inducida. Uns en galleiras, outros en recintos valados individuais, outros no interior de trasportines de tea específicos para o transporte destas aves e un nunha caixa de cartón.

Un dos galos utilizados en pelexas ilegaias inacuatados na operación Lecoq
Un dos galos utilizados en pelexas ilegaias inacuatados na operación Lecoq | Fonte: GARDA CIVIL

COMPLEXA INFRAESTRUTURA

A todos amputáranlles a crista e o queixo, rasurado as patas, extraído as plumas do ventre e o lombo do corpo, limado e afiado os espolóns, o que evidenciou modificacións anatómicas aparentemente non xustificadas por supostas patoloxías previas. Estas modificacións e amputacións producen graves feridas os animais e sufrimentos coa exclusiva finalidade de preparalos para os combates, expondo ademais aos animais a enfermidades e risco de infeccións.

Ademais dos galos, tamén atoparon un recinto circular de lona a modo de ring, dos utilizados habitualmente para a celebración de pelexas, un estoxo maletín o cal contiña espolóns artificiais para implantación nas aves, protectores de espolón de goma ou coiro, limas, laca, pegamento, tesoiras, navalla, xiringas; tres reloxos de area de plástico utilizados supostamente para marcar os tempos dos combates, e dous bonecos de coiro simulando un galo, suxeitos cun pau, utilizados habitualmente para o adestramento dos galos combatentes.

Así mesmo observaron que a zona próxima ao ring estaba moi pisada, sen ningún tipo de vexetación e con envases de bebida e unha xiringa coa agulla posta e sen liquido no seu interior. A Garda Civil procedeu á investigación do catro responsables como presuntos autores dun delito de malos tratos animais e outro de ameazas con arma de fogo, a incautación de 17 machos combatentes e dúas femias da mesma raza e dos efectos atopados. Os animais incautados serán trasladados a un centro de recuperación de fauna da Xunta de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta