Galicia concentra a maioría dos focos de influenza aviaria de alta patoxenicidade detectados en aves silvestres en España. O investigador Antonio Figueiras (IIM-CSIC) advirte da súa conexión con brotes en mamíferos e o seu impacto sobre o ecosistema mariño.
  comenta   0
A medida estatal levantou a polémica no campo, pero a profesora da Facultade de Veterinaria da USC Ana María López Beceiro lembra que isto non vai de Facenda, senón de saúde pública: sen rexistro, non hai protección fronte á gripe aviaria, unha enfermidade que ten explosións de letalidade cada certos anos.
  comenta   0
Durante a apertura, a bióloga Odile Rodríguez de la Fuente, afirmou que este é un festival "paradigmático e exemplar, recoñecido en toda España e, pronto tamén a nivel internacional".
O tamén catedrático de Medicina Preventiva e Saúde Pública pola USC advirte dos cambios do virus H5N1, que dende 2022 contaxiou a especies nunca antes afectadas, como mamíferos, incluídos humanos.
  comenta   1
Ana María López Beceiro, profesora da Facultade de Veterinaria da Universidade de Santiago de Compostela (USC), asegura que "a gripe aviaria é unha enfermidade vella coñecida que, de cando en vez, volve con forza". E sinala que "o tratamento natural para ela é que os exemplares máis débiles rematen morrendo e o virus quede sen hospedador".
  comenta   0
Galicia supera os 812.000 animais de compañía rexistrados, cunha maioría de cans, mentres persisten prácticas ilegais no rural e crecen as denuncias por abandono e malos tratos
  comenta   0
A Sociedade Galega de Historia Natural alerta de que as limpezas de ríos e as podas de árbores que se están a facer nesta época do ano coinciden co período de cría de numerosas especies, polo que pide a paralización inmediata destas actuacións. O propio refraneiro popular galego dá conta do 'casamento' dos paxaros durante a Candeloria, a comezos de febreiro, polo que as primeiras crías chegan en marzo.
  comenta   0
Actividades educativas e voluntariado ambiental para concienciar sobre a protección dos humidais e as aves acuáticas.
  comenta   0
A deputada socialista Patricia Iglesias acusou á Xunta de levar a cabo unha "xestión nefasta" do ámbito eólico, baseada en "présas", apuntando que "se autorizaron máis parques eólicos no último ano que nos últimos 10". O PP asegura que "en Galicia temos o recurso e temos que aproveitalo".
  comenta   0
Roberto Hermida, presidente de Morcegos de Galicia, conta ao Galicia Confidencial que "na Península Ibérica temos parques eólicos que son auténticos matadoiros de morcegos", situados en zonas de paso migratorio. Ao ano calcúlase que morren uns 600.000 morcegos a causa do impacto dos aeroxeradores, xa sexa directo ou indirecto.
  comenta   0
Fai cousa de dous meses e medio abriu a tenda 'online' PinkPeas, con todo tipo de produtos de alimentación, suplementación, xoguetes e hixiene animal. Teñen comida para cans, gatos, coellos, cobaias, chinchillas, aves e ata tartarugas. Hoxe, dende o GC falamos con Carla Aparicio, a súa directora e fundadora da primeira clínica veterinaria vegana en España: LidaVet.
  comenta   1
Afecta tamén aos concellos de Poio, Meis e Barro. Hai aves vulnerables e petróglifos que poden estar afectados.
  comenta   0
O buque Miguel Oliver parte de Vigo para analizar recursos pesqueiros e fondos mariños durante 35 días.
Marisol Díaz subliña a importancia dos centros para o coidado de animais feridos e a súa posterior reintegración no medio natural.
  comenta   0
Francisco González, presidente da Asociación Galega de Cetreiros e responsable de Falcóns Galicia asegura que relevo xeracional si hai, vinculado tamén ás exhibicións que se fan nas feiras, pero o problema son os trámites burocráticos para ter unha ave.
  comenta   0
Trátase do proxecto de parque eólico Avoceta Wind, que se levantaría entre os municipios lugueses de Carballedo, e as localidades ourensás do Pereiro de Aguiar, Coles San Cristovo de Cea, Vilamarín e Ourense.
  comenta   0
SEO/BirdLife presentou os resultados deste proxecto innovador de probas de medidas de mitigación en colaboración co sector pesqueiro.
  comenta   0
A notificación deste foco, ao afectar exclusivamente a aves silvestres, non implica cambios no status sanitario de Galicia en relación á influenza aviaria, nin supón ningunha restrición ou medida adicional con respecto ao comercio de aves vivas ou produtos avícolas derivados con orixe en Galicia.
En 2020, o Concello de San Cibrao colocou estes pousadeiros (de 2,5 metros de alto, 14 centímetros de ancho e con brazos de envergadura dun metro), para unha ave que é "unha rareza" en España. Agora, está próxima a caducidade da solicitude, polo que pide poder prorrogala durante outros catro anos máis.
As montañas de ouro dos romanos, os segredos das aves dos confíns de Galicia, os berce da industria de Sargadelos ou a cidade oculta da poeta Luísa Villalta. Son as ofertas da sétima edición primavera-verán de Rutas de Historia.
O TSXG cre que existen suficientes indicios que proban as deficiencias da avaliación ambiental do polígono eólico proxectado na Costa da Morte.
  comenta   0
O Instituto fai fincapé na presenza de especies endémicas na leira e na súa relevancia ornitolóxica, pedindo que a declaren Zona de Especial Protección.
Os investigados utilizaban as redes sociais para tentar vender papagaios que tiñan os certificados sanitarios falsificados.
  comenta   0
Un grupo de biólogos da UVigo fai un chamado urxente para conseguir unha protección ambiental real da praia da Calzoa presentando un escrito á Subdirección Xeral de Avaliación Ambiental, cunhas suxestións para incorporar no PXOM antes de que o Concello proceda á súa aprobación.