A Xunta recorre ante o Constitucional o decreto de repartición de menores migrantes

Rueda insiste en que ivade competencias das autonomías.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/06/2025 | Actualizada ás 14:36

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que o Goberno galego acordou na súa reunión semanal, celebrada este luns, presentar recurso ante o Tribunal Constitucional o decreto estatal que recula a repartición de menores migrantes non acompañados.  A principio de mes, o Executivo autonómico pedira informe ao Consello Consultivo, que, segundo indicou Rueda, proporcionou un ditame "detallado" que achega argumentos xurídicos sólidos para impulsar un recurso desde a Comunidade.

A "principal", segundo Rueda, é que invade competencias das autonomías en materia de asistencia social e de protección aos menores. Tamén se considera que o decreto estatal "non ten en conta" ás comunidades a pesar de que van ser as que "executen o imposto" polo Goberno central; e que "non é a figura legal adecuada", xa que os decretos lei están "pensados para casos urxentes".

Ademais de anunciar o recurso, Rueda volveu a "chamar a atención" en relación a que, se hai algunha distribución de menores non acompañados, Galicia e o resto de comunidades necesitan dunha "planificación" previa e de financiamento.

Migrantes procedentes de Canarias á súa chegada en autobús
Migrantes procedentes de Canarias á súa chegada en autobús | Fonte: Elena Fernández - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta