Galicia segue cocendose con temparaturas de case 40º

Agardanse treboadas en zonas de montaña.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/06/2025 | Actualizada ás 20:23

Comparte esta noticia

Moitos puntos de Galicia rozaron este mércores os 40ºC de temperatura máxima e prepárase así para unha nova xornada, a deste xoves, que se manterá con alerta amarela por calor e que, neste caso, virá acompañada de alerta por treboadas.

Así, tal e como recolle Meteogalicia, o valor máis alto rexistrouno esta tarde Ourense con 38.8º ás 19.00 horas. Outras localidades como Leiro (Ourense), Ribas de Sil (Lugo) e Vilamartín de Valdeorras (Ourense) tamén rexistraron valores similares, superiores aos 37º aínda pola tarde.

Aínda que as temperaturas máximas baixaron lixeiramente respecto das deste martes, cando superaron os 40 graos en moitas localidades, as altas presións non abandonan Galicia. Para este xoves mantense activa a alerta amarela por altas temperaturas, á que se suma o aviso do mesma cor por treboadas na montaña de Ourense. Segundo informa Meteogalicia, a masa de aire norteafricana continuará sobre Galicia con chuvascos treboentos no interior.

Varias persoas na praia de Samil, a 31 de maio de 2025, en Vigo, Pontevedra, Galicia (España).. Adrián Irago - Europa Press
Varias persoas na praia de Samil, a 31 de maio de 2025, en Vigo, Pontevedra, Galicia (España).. Adrián Irago - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta