Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 22/06/2025 | Actualizada ás 14:41
Un motorista perdeu a vida tras chocar entre un turismo na AC-400, quilómetro 52, ao seu paso polo municipio coruñés de Santa Comba. Segundo informou o 112 Galicia, o suceso produciuse minutos despois das 12.00 horas deste domingo e foi un particular o que deu a voz de alarma e detallou que o motorista estaba moi grave.
Ata o punto desprazáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago, os Bombeiros de Santa Comba e o Servizo Municipal de Protección Civil.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.