Cae a poxa de Silleda tras un ataque informático

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/06/2025 | Actualizada ás 16:01

Comparte esta noticia

Un ataque informático obrigou á Fundación Semana Verde de Galicia a suspender as poxas deste martes na Central Agropecuaria de Galicia Abanca. Segundo detallou a Fundación nun comunicado, o motivo é un ataque informático que sufriu a entidade durante as últimas horas e, cuxas consecuencias, "non fan posible comezar o proceso que leva o mercado", o cal se pon en marcha os luns ás 17.00 horas.

Aínda que se tentou  liquidar a situación para poder levar a cabo a sesión deste martes, "non foi posible dada a prema coa que debe iniciarse todo o proceso da Central". Con todo, o persoal xa informou desta suspensión a todos os operadores que participan semanalmente no mercado.

Vacas no mercado de gando de Silleda
Vacas no mercado de gando de Silleda | Fonte: Campo Galego

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta