A campaña “Días Azuis do Comercio Galego” continúa activa en varios concellos

A Xunta destacou que esta campaña mobilizou 3,5 millóns de euros no comercio de proximidade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/07/2025 | Actualizada ás 13:29

Comparte esta noticia

A Xunta destacou que a campaña 'Días Azuis do Comercio Galego' mobilizou 3,5 millóns de euros no comercio de proximidade na súa última edición. Segundo trasladou o Goberno galego nunha nota de prensa, o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañou este luns á gañadora do sorteo de 3.000 euros da campaña. Durante o percorrido, que deu comezo no establecemento 'Cousalinda', en Santiago de Compostla, a persoa premiada realizou compras nos comercios locais que ela mesma escolleu.

A maiores, no marco desta campaña, repartíronse tamén 44 cartóns regalo por valor de 250 euros e 60 cartóns por valor de 150 euros, premiando así a consumidores que apostaron polo comercio de proximidade. Pola súa banda, o director xeral lembrou aos asistentes que continúa en marcha a campaña 'Merca no teu comercio', que busca "estimular a demanda e pór en valor o comercio local en barrios sen asociacións comerciais e en concellos rurais".

A iniciativa desenvólvese nas catro provincias galegas con 10 campañas en cada unha delas, que ten unha duración de 15 días e pecharanse cun sorteo de premios. Actualmente, están activas as campañas do barrio da Ponte en Ourense, na Coruña, no concello da Guarda en Pontevedra, así como nos municipios de Quiroga, Folgoso do Courel e Ribas do Sil, en Lugo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta