Todo a punto para recibir a Jennifer López en Pontevedra: 500 personas traballan na montaxe do concerto

O escenario ten uns 16 metros de altura e preto de 30 de boca.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 07/07/2025 | Actualizada ás 14:19

Comparte esta noticia

Máis de cincocentas persoas traballan na montaxe do concerto de Jennifer López que terá lugar este martes no parque de Tafisa, en Pontevedra, abrindo a xira europea da artista. O concerto arrincará ás 22.00 horas pero as portas do recinto abriranse dúas horas antes. Na mañá deste luns realizáronse as probas de son e de vídeo. Será máis de hora e media de espectáculo e non haberá teloneiros.

Jordi Lauren, responsable da promotora Play Plan, que organiza este evento xunto a Last Tour, explicou que o escenario ten uns 16 metros de altura e preto de 30 de boca. A artista newyorkina contará cun corpo de baile, pantallas e "unha montaxe de luces brutal". "Será visualmente de primeirísimo nivel... Non se me ocorre un maior", destacou Jordi Lauren.

Seguen sendo un misterio os datos do aforamento e a venda de entradas, dos que nada pode dicir a promotora por contrato. Do mesmo xeito que tampouco desvelan ningún detalle sobre a estancia de Jlo en Galicia, neste caso, por razóns de seguridade. Como novidade, este luns informouse que o acceso para o público á zona de actuación farase unicamente pola ponte dos Tirantes, eliminándose o previsto pola pasarela sobre o Lérez. Este luns xa se cortou o acceso peonil a toda esta zona.

Jordi Lauren destacou o "esforzo titánico" que está a supor toda esta montaxe e agradeceu a implicación e colaboración da Policía Local, os Bombeiros, Protección Civil e Visit-Pontevedra. "A sorte é a experiencia previa de Pontevedra na organización de eventos internacionais", valorou Jordi Lauren que tamén resaltou a repercusión mediática e económica do concerto en Pontevedra e a súa contorna.

Jennifer Lopez na portada do seu novo single In the Morning
Jennifer Lopez na portada do seu novo single In the Morning | Fonte: TWITTER - JENNIFER LÓPEZ - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta