Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/07/2025 | Actualizada ás 15:02
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, insiste en que a Xunta apoiará "aqueles proxectos que cumpran medioambientalmente" como o de Altri en Palas de Rei, "con independencia das enquisas".
Unha enquisa de EM-Analytics para Nós Diario indica que o 59% dos galegos está en contra de Altri, cun 39% dos votantes do PP tamén contrarios a esta fábrica. Preguntado por estes datos tras o Consello da Xunta, Rueda reduciu a importancia das enquisas, "que poden ser variables segundo o momento no que se fagan", ademais de que "hai diferentes enquisas e encuestadores".
Incide en que "a liña da Xunta sempre vai ser a mesma", polo que "aqueles proxectos que cumpran medioambientalmente serán apoiados e os que non non". "Esa é a liña que imos seguir como política industrial da Xunta", engade. Rueda critica que hai partidos que "se están manifestando frontalmente" e que "dicían o que dicían coa mesma radicalidade que agora se opoñen", en alusión ao BNG. Por iso, sostén que o Goberno galego seguirá na "mesma liña obxectiva", segundo di, "con independencia de opinións" que asegura "respectar".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.