Ingresadas aínda 5 persoas polo brote de salmonelose rexistrado nun festival celebrado en Oza-Cesuras

Durante a fin de semana non se rexistraron novos casos nin casos secundarios.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 07/07/2025 | Actualizada ás 18:27

Comparte esta noticia

Un total de cinco persoas permanecen ingresadas en hospitais galegos tras o brote de salmonelose rexistrado nun festival celebrado en Oza-Cesuras. En total, o número de persoas afectadas polo brote rexistrado pola Consellería de Sanidade, a través da Dirección Xeral de Saúde Pública, foi de 161.

En relación ao mesmo, desde o departamento autonómico precisan que durante a fin de semana non se rexistraron novos casos nin casos secundarios. Pola súa banda, desde HM Hospitais sinalaron que só contan con dúas persoas ingresadas tras atender a máis dunha vintena en relación a este brote.

HM Modelo A Coruña
HM Modelo A Coruña | Fonte: HM HOSPITAIS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta