Evacuada ao hospital unha muller que estaba nunha praia de Muros

A muller atragoouse mentres comía na praia de Esteiro.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 08/07/2025 | Actualizada ás 18:40

Comparte esta noticia

Unha muller tivo que ser evacuada este martes ao hospital tras atragoarse mentres comía na praia de Esteiro, en Muros (A Coruña). Segundo explicou o 112 Galicia, foi un particular quen chamou solicitando asistencia sanitaria urxente para unha muller que se estaba atragoando. Así, informouse a Urxencias Sanitarias, que mobilizou o seu helicóptero ata o punto, aínda que finalmente foi trasladada en ambulancia.

Ponte sobre a Chanca na praia de Esteiro, en Muros
Ponte sobre a Chanca na praia de Esteiro, en Muros | Fonte: masmar.es

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta