Por Europa Press / Redacción | VIGO | 08/07/2025 | Actualizada ás 18:36
O Servizo de Gardacostas de Galicia evacuou este martes ao tripulante dun palangreiro galego que faenaba a 130 millas da costa de Vigo cando deu a voz de alarma. Segundo explicaron fontes da Consellería do Mar consultadas por Europa Press, o evacuado atopábase a bordo do 'Nunca es tarde', un palangreiro de superficie con base no Porto de Vigo. Así, mobilizouse o helicóptero Pesca I e o tripulante foi evacuado ao Hospital Álvaro Cunqueiro ao redor das 13.15 horas, aínda que o aviso foi recibido este luns pero a embarcación estaba demasiado lonxe para poder intervir.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.