Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 09/07/2025 | Actualizada ás 10:04
Un incendio forestal foi controlado este martes no concello de Pontevedra cunha superficie afectada de nove hectáreas, segundo a Consellería do Medio Rural. Estas mesmas fontes indicaron a Europa Press que o lume está controlado desde as 20:44 horas e afectou á parroquia de Lourizán. Mobilizáronse 12 axentes, 25 brigadas, 16 motobombas, unha pa, tres técnicos, cinco helicópteros e dous avións.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.