As confrarías galegas piden a Europa reconsiderar a baixada de orzamento pois o sector "está en xogo"

A federación galega de confrarías de pescadores reciben "con extrema preocupación" a noticia relativas ao período 2028-2034

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/07/2025 | Actualizada ás 16:04

Comparte esta noticia

A federación galega de confrarías de pescadores insta a Europa a "que reconsidere" a baixada de orzamento para o sector, ao advertir de que o seu futuro "está en xogo".

Nun comunicado asinado polo seu presidente, José Antonio Pérez Sieira, as confrarías galegas reciben "con extrema preocupación" a noticia relativas ao período 2028-2034.

"Preocupación polo que pode supor para o desenvolvemento de actividades fundamentais para o sector como son as actuacións de rexeneración nas rías ou proxectos básicos de mantemento das comunidades pesqueiras", advirte.

Neste contexto, piden aos negociadores españois "que defendan á pesca e ao marisqueo" para "poder profundar" no desenvolvemento do sector e dos "miles de empregos" que dá o mar en Galicia.

Ademais, a federación apunta que na visita da semana pasada "xa se lle expuxo a necesidade de seguir apoiando tanto ao marisqueo a pé como a pesca artesanal en xeral" ao comisario europeo de pesca. "A baixada do orzamento vén significar todo o contrario", critica.

Barco pesqueiro, pesca en Canarias. CONSELLERÍA CANARIA DE PESCA
Barco pesqueiro, pesca en Canarias. CONSELLERÍA CANARIA DE PESCA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta