Por GC Tendencias | Ribadavia | 22/06/2016 | Actualizada ás 17:00
A Coordinadora da “Festa da Istoria” xunto cun xurado formado por cinco persoas relacionadas co deseño gráfico, a pintura e a fotografía escolleron o pasado sábado o cartel gañador dentro do Concurso de Carteis que se celebra cada ano para escoller a imaxe representativa da celebración.
Nesta ocasión chegaron 59 propostas dende Galicia pero tamén dende toda a Península: Ávila, Castellón, Ciudad Real, Murcia, Navarra, Sevilla, Asturias, Álava, Badajoz, Madrid, Córdoba, Cuenca, Salamanca, Guipúzcoa, Barcelona, Toledo, Murcia.
O gañador desta edición é da provincia, foi o pintor Baldomero Moreiras de Paderne de Allariz (Ourense) e os gañadores dos accésits foron Rubén Lucas García de Torreaguera (Murcia) e José Ramón Pérez Martínez de Ourense.
O cartel representa unha dama ao lombo dun cabalo, ademais de amosar varias imaxes da festa como é o xadrez vivinte, a cetrería, a música, o viño… e a técnica artística empregada foi o collage.
A Festa da Istoria de Ribadavia terá lugar os días 26 e 27 de agosto e ten o recoñecemento de Festa de Interese Turístico Nacional.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.