Por Galicia Confidencial | Galicia | 03/03/2009
Asimesmo, os cidadáns debemos ser conscientes de que o medio ambiente non só conleva custes, senón que é unha oportunidade económica. Supón unha vantaxa competitiva ó mellorar a percepción dos consumidores, e aporta valor engadido e diferenciador do produto. Incluso pode ter beneficios a máis curto prazo, como o aforro dos custes enerxéticos.
Baixo estas dúas premisas, desde a Deputación apoiaremos a declaración da Reserva Mariña de Interés Pesqueiro da provincia de Lugo, entre as rías de Viveiro e O Barqueiro, que será a primeira Reserva da costa de Lugo e a única de augas interiores e exteriores de Galicia.
Todos os grupos políticos aprobamos por unanimidade a moción do PSOE, impulsada polo Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, na que se solicitaba o apoio da Instititución provincial á creación desta Reserva. Deste xeito, quixemos respaldar desde o primeiro momento a iniciativa que partiu da Confraría de Pescadores de Celeiro, organización que está a traballar conxuntamente coa Consellería de Pesca, o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, e a Confraría do Vicedo para a obtención desta distinción.
Neste senso, prestaremos apoio socio-económico para poder levar a cabo accións conxuntas que se irán desenvolvendo a medida que avance este proxecto da franxa costeira luguesa. O Estado e a Xunta compartirán a xestión desta Reserva Mariña.
Entre os obxectivos que se perseguen con esta declaración destaca a protección da rexeración dos recursos pesqueiros, o impulso da pesca e o desenvolvemento sostible, a conservación da flora e a fauna do medio mariñano e a súa diversidade, o fomento da sensibilización medioambiental sobre o mar, a divulgación dos valores pesqueiros e ambientais da costa galega, e a creación de estudos científicos sobre as medidas de protección dos recursos e a xestións das pequerías.
Con esta iniciativa contribuímos a poñer en valor esta zona de Lugo que atesoura enclaves naturais de inigualable beleza. Asimesmo, favoreceremos o aumento de investimentos na provincia e, por tanto, crearemos novas oportunidades de emprego para os veciños e as veciñas da Mariña e do resto de Lugo.