Unha réplica da Torre de Hércules construída con 7.000 cubos de Rubik

O Muncyt da Coruña expón a escultura máis grande do mundo elaborada con cubos do famoso crebacabezas.

Por E.P. | A Coruña | 21/06/2016 | Actualizada ás 16:30

Comparte esta noticia

O Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (Muncyt) da Coruña expón unha réplica da Torre de Hércules construída con 7.000 cubos de Rubik, converténdose así na escultura máis grande do mundo elaborada con cubos do famoso crebacabezas.

Réplica da Torre de Hércules construída con 7.000 cubos de Rubik, no Muncyt da Coruña
Réplica da Torre de Hércules construída con 7.000 cubos de Rubik, no Muncyt da Coruña | Fonte: Europa Press.

Con este réplica, construída por Ernesto Fernández, campión de Europa e do mundo na modalidade Rubik's Clock, o museo súmase ao sétimo aniversario da inclusión da Torre de Hércules na Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO.

A construción, que se poderá visitar ata o 15 de setembro, foi presentada este martes no Muncyt pola súa directora, Marián del Egido; o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro; e o director xeral de Rubik España, Alejandro Aznar.

Ernesto Fernández comezou a construír a Torre no Museo o día 4 de maio, coincidindo co cuarto aniversario do Muncyt, e finalizou a obra o 18 de xuño. En total investiu 45 días para construír esta peza que mide seis metros de altura.

Na súa intervención, o autor desta construción asegurou que o máis difícil é "a idea, a escultura". Pola súa banda, o alcalde da Coruña continuou destacando o papel que xoga a ciencia na cidade da Coruña e aposta por aproveitala como promoción turística.

O próximo 3 de xullo, o Muncyt presentará esta réplica da Torre ao público xeral e realizarase unha visita á sala onde se atopa a mesma na que o autor exporá o reto que supuxo esta construción.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta