Desarticulado o punto de venda de droga "máis activo" de Ferrol

A Policía Nacional detivo a tres homes en relación con estes feitos.

Por Europa Press / Redacción | FERROL | 22/07/2025 | Actualizada ás 17:40

Comparte esta noticia

Tres homes pasaron o venres a disposición do Xulgado de Instrución número 1 de Ferrol tras ser detidos o día anterior nun operativo da Policía Nacional co apoio da Local. Deste xeito, considérase desarticulado o "punto de venda de sustancias estupefacientes máis activo de Ferrol", explica a Policía. O operativo é consecuencia dunha reunión da xunta local de Seguridade da cidade na que se acordou o inicio dunha investigación tras as queixas veciñais da zona por roubos e pelexas.

Tras conseguir a autorización do xulgado para proceder ao rexistro do piso, axentes da Policía Nacional detiveron a tres individuos que xa estaban relacionados con anterioridade con delitos semellantes. Así, incautáronse de heroína e cocaína para a elaboración de máis de 200 doses, 150 gramos de haxix, dúas básculas de precisión para a elaboración das papelinas, tres vehículos cos que repartían droga pola cidade e 9.430 euros en efectivo, ademais de tres teléfonos de alta gama.

Coche da Policía Nacional
Coche da Policía Nacional | Fonte: POLICÍA NACIONAL - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta