Por Europa Press / Redacción | MADRID | 28/07/2025 | Actualizada ás 19:36
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) esixiu ao Goberno "que cumpra o acordo de investidura" e amplíe o permiso de maternidade ata as 20 semanas, fronte ás 17 recollidas no acordo anunciado este luns entre PSOE e Sumar e que, será aprobado este martes polo Consello de Ministros, segundo avanzou o presidente do Goberno, Pedro Sánchez. "Os acordos están para ser cumpridos. Non facelo é faltar á palabra e crebar a confianza, non xa co BNG, senón coa cidadanía que esperaba unha medida positiva como esta. Se se comprometen con 20 semanas, deben ser 20 semanas, non 17. Queremos que cumpran", subliñou o deputado do Bloque Nacionalista Galego no Congreso, Néstor Rego. Segundo lembra o BNG, "ampliar o permiso de paternidade e maternidade a 20 semanas" é o que recolle literalmente o acordo de investidura.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.