O 10 de agosto volve a Mostra do Mel de Quiroga con 8 apicultores

O  Concello de Quiroga dará a coñecer unha vez máis a magnífica calidade do mel que se produce no municipio. Farao o domingo 10 de agosto cunha mostra que chega a súa trixésimo cuarta edición. A Mostra do Mel de Quiroga coincide coa feira de mercado máis multitudinaria de todo o ano.

Por Galicia Confidencial | LUGO | 01/08/2025 | Actualizada ás 18:25

Comparte esta noticia