Por Galicia Confidencial | Galicia | 05/03/2009 | Actualizada ás 17:26
A volta dos grupos do bipartito á oposición ben de despertar a actividade de sindicatos e asociacións, especialmente, a CIG, quen xa anunciou mobilizacións para evitar a derogación deste decreto. Tamén dende a Mesa iniciarán unha campaña para contrarestar o que consideran unha "volta atrás" na normalización lingüística.
A espera de que se concreten as políticas en materia lingüística, dende os sectores nacionalistas non descartan a celebración de manifestacións, semellantes á que en periodo electoral convocou a asociación Galicia Bilingüe, pero no senso complentamente oposto. Precisamente, estes sectores acusan aos populares de ser o brazo executor das peticións da asociación que preside Gloria Lago.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.