Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/08/2025 | Actualizada ás 17:04
A Bienal de Arte de Pontevedra rexistrou 47.409 asistentes nas súas diferentes sedes expositivas e programas paralelos "superando todas as expectativas".
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, expresou a súa satisfacción ante esta alta participación na "cita cultural máis relevante do verán en Galicia" e subliñou o "impacto positivo" para a cidade e o sector artístico que supoñen estes datos de visitas recollidos no ecuador da Bienal.
A programación, que arrincou o pasado 21 de xuño, reúne exposicións internacionais e artistas de referencia repartidos en trece sedes da cidade.
A afluencia de visitantes foi constante, con picos significativos nos fins de semana e nos espazos como o Pazo da Cultura, as Ruínas de Santo Domingo ou os edificios Castelao e Sarmiento.
Segundo o presidente en funcións da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, "estes números confirman o que xa se percibía nas rúas e nos espazos culturais da cidade" en canto á importancia da Bienal.
Domínguez sinalou que "estamos ante un éxito rotundo de participación que fala do interese da cidadanía pola arte contemporánea e do acerto que supón recuperar esta cita para Pontevedra tras anos de ausencia", afirmou.
A estes datos súmanse as actividades paralelas, tamén cunha gran resposta de público. Só no ciclo Conversas con Artistas, máis de 200 persoas participaron nas sesións con creadoras como Carmen Hermo, Violeta Quispe, Almudena Fernández Fariña ou Mariña Núñez.
Pola súa banda, o Ciclo de Cinema, 'Arte e Guerra', cunha selección de películas que reflexionan sobre os conflitos bélicos, rexistrou aforamentos moi positivos en cada pase.
Tamén o ciclo de Artes Vivas, cunhas performances inaugurais multitudinarias como a intervención de luz e son sobre o Santuario da Peregrina a cargo de Patrice Warrener, ou o 'coro dos escravos' de Vasco Araújo, que alcanzaron cifras moi destacadas, incluíndo a actuación de Janet Novás en Ponteareas, que congregou a preto de 200 persoas e o espectáculo de danza na piscina olímpica do Complexo deportivo Rías do Sur con preto de 400 asistentes.
"NON SÓ FÁLASE DE CIFRAS"
Pero Rafa Domínguez defendeu que "non só se fala de cifras", pondo en valor "o que significan" que, segundo dixo, é "que Pontevedra está no mapa internacional da arte grazas á Bienal, e iso é unha magnífica noticia para a cultura, o turismo e a proxección exterior da cidade".
"Estes resultados confírmannos que a cultura pode ser un motor real de dinamización", dixo Domínguez ao, tempo que anunciaba que a Deputación provincial encargou un estudo para coñecer con detalle todos os datos de visitas e repercusión que este evento cultural que aínda manterá a súa actividade durante os próximos meses, con novas actividades programadas e visitas guiadas abertas ao público.
O vicepresidente agradeceu o traballo do equipo comisarial e do persoal técnico da Deputación e reivindicou a aposta do goberno provincial por "un modelo de cultura accesible, internacional e profundamente vinculado ao territorio".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.