Detido en Bélxica e enviado a prisión un membro da banda que roubou medio millón en Ourense

O home, de nacionalidade albanesa, está acusado de 14 roubos en Beariz e Avión e foi extraditado tras unha orde europea de detención.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 08/08/2025 | Actualizada ás 16:21

Comparte esta noticia

Un membro da banda desarticulada que roubaba casas nos municipios ourensáns de Beariz e Avión foi detido e extraditado desde Bélxica para ingresar en prisión. O pasado mes de maio, no marco da operación Vertixe, a Garda Civil detivo a oito membros dun grupo criminal por roubos en vivendas habitadas na provincia de Ourense. A investigación comezou tras varios roubos de xoias e diñeiro por un valor de 500.000 euros en vivendas de Avión e de Beariz, ademais de incluír varios rexistros domiciliarios en Barcelona, Tarragona e Castelló nos que se incautaron pistolas e 2.100 plantas de marihuana.

Agora, a Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da Garda Civil de Ourense, no marco dunha cooperación internacional con Europol e Interpol, localizou en Belgica a un cidadán de nacionalidade albanesa, supostamente integrante deste grupo criminal desarticulado, ao que se lle imputan 14 roubos cometidos nas localidades de Beariz e Avión.

O Tribunal de Instancia de Sección única de Ribadavia emitiu unha orde europea e internacional de detención e extradición, executándose a súa extradición a España por autoridades gelgas o 7 de agosto. O detido pasou durante a mañá deste venres a disposición xudicial no Xulgado de Ribadavia que decretou o ingreso en prisión comunicada sen fianza.

Detención de membro de asaltantes a casas na provincia de Ourense, extraditado desde Bélxica. GARDA CIVIL
Detención de membro de asaltantes a casas na provincia de Ourense, extraditado desde Bélxica. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta