Fisioterapeutas obrigados a traballar como falsos autónomos

Satse denuncia que as administracións saben desta situación pero que as inspeccións “pasan por alto estes abusos”.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 27/06/2016 | Actualizada ás 16:00

Comparte esta noticia

Hai fisioterapeutas que son obrigados a traballar como falsos autónomos para poder cobrar. É a denuncia que fai o Sindicato de Enfermaría Satse que denuncia que estes profesionais teñen que pagar unha cota como autónomos cando "están a traballar para unha empresa".

Un fisioterapeuta nunha sesión de fisioterapia
Un fisioterapeuta nunha sesión de fisioterapia | Fonte: acostat.es

Ademais, critican que as administracións "son coñecedoras destas situacións" e que as inspeccións "pasan por alto estes abusos ilegais". "Cando se observa que un profesional fisioterapeuta se vai dar de alta como autónomo, o probable é que sexa un autónomo obrigado, porque a empresa lle pide que así sexa, xa que a alternativa sería non traballar", apuntou a secretaria autonómica de Satse, Carmen García Rivas.

Por iso, este sindicato esixe ás administracións que "rematen con esta práctica", que está a "desprezar a actividade profesional destes sanitarios". "Os fisioterapeutas non poden verse abocados a traballar en situacións de ilegalidade, ou que a outra alternativa sexa a de non traballar", criticou García Rivas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta