Cualedro habilita unha conta bancaria para axudar aos afectados polos incendios

O alcalde Luciano Rivero chama á solidariedade veciñal e agradece o apoio recibido tras os días máis duros da vaga de lumes.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 19/08/2025 | Actualizada ás 17:45

Comparte esta noticia

O Concello de Cualedro habilitou un número de conta para que todas aquelas persoas que queiran prestar axuda aos veciños afectados polos incendios poidan colaborar. Tal e como trasladou o Goberno municipal nun comunicado asinado polo alcalde, Luciano Rivero, ante a "magnitude dos anos e a necesidade urxente de axudar ás persoas afectadas" o concello habilitou unha conta bancaria.

En concreto, o número de conta é E46 2080 0426 3830 4000 6909, o titular o Concello de Cualedro e o concepto 'Achega solidaria incendios 2025'. "Toda axuda, por pequena que sexa, será benvida", subliña na mensaxe.

Así mesmo, o alcalde agradeceu a profunda solidariedade con todas as persoas afectadas pola vaga de incendios que recentemente arrasou a contorna. "Foron días moi duros, pero tamén de unión entre veciños", destaca Rivero.

Veciños e veciñas de Vilela mentres se achegan as chamas á localidade. Rosa Veiga / Europa Press / Europa Press
Veciños e veciñas de Vilela mentres se achegan as chamas á localidade. Rosa Veiga / Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta