Por Galicia Confidencial | Ourense | 20/08/2025 | Actualizada ás 12:32
O bosque máis antigo de Galicia está en perigo. A pesar de que a grande fronte do incendio que queimou toda Pena Trevinca, o punto máis alto de Galicia, foi contida este martes no Teixedal, o certo é que voluntarios que traballan na zona informan a Galicia Confidencial que na mañán deste mércores reavivaronse algúns focos e algunhas partes desta fermosa fraga arderon.
O teixedal de Casaio, coñecido tamén como O Teixadal, é un pequeno bosque de teixos situado na parroquia de Casaio no municipio de Carballeda de Valdeorras. Forma parte da zona especial de conservación (ZEC) de Pena Trevinca, case no linde coas provincias de León e Zamora. É un bosque de difícil acceso polo que as tarefas de extinción das lapas son complicadas.
É un dos poucos bosques naturais de teixos existentes en Europa xa que esta é unha árbore que adoita medrar illada. Ten ó redor de 300 teixos, a maioría deles centenarios, e ocupa unhas 6 hectáreas. Conviven con outras especies como acivros, abeleiras, ou freixos.
SEN MEDIOS
"Non hai medios, o primeiro tras tres días, chegou hoxe. E logo como din que non ardeu case nada se xa co sistema Copernicus vemos que está todo ardido?. Onde está a conselleira de Medio Ambiente. O que está ardendo ten consecuencias tremendas, e non só desde o punto de vista ecolóxica", di Xosé Santos, traballador dos servizos contra incendios consultados por Galicia Confidencial.
"Enfrentámonos a uns lumes explosivos cun medios inexistentes", apunta. "E porque non se declara o nivel 3 de emerxencias ou pedir axuda a Europa, porque sería recoñecer que son uns fracasados", suliña. Os focos importantes do lume foron contidos por un nutrido grupo de voluntarios este martes, xentes que coñecen a serra, montañeiros e, sobre todo, a veciñanza de Casaio.
View this post on Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
1 GamelaNon se pode ver o vídeo sen estar rexistrado no Instagram de https://es.wikipedia.org/wiki/Mark_... ? Hai liñas vermellas que deberamos ter precaución antes de dalas por boas... https://gamela00.blogspot.com/2019/... Existe algún xeito de ver o vídeo sen rexistrarse na Casa do Demo ?¿Gústache esta noticia?
- Identifican dúas persoas pescando ilegalmente en augas protexidas do Parque Nacional Illas Atlánticas
- Pontevedra celebra o Verbena Fest ao pé do río Lérez nunha vesta xa consolidada
- Ferrol celebrará a 56ª edición do seu rali converténdose este sábado na capital do motor en Galicia
- Máis de 6.000 nacementos en Galicia durante o primeiro semestre do ano, un 0,12 % máis
- (Vídeo) O lume entrou no Teixedal de Casaio, o bosque máis antigo de Galicia
- Continúa o perigo no Courel aínda que comezan a controlarse algúns focos