Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 22/08/2025 | Actualizada ás 18:21
Un operario de guindastre tivo que se evacuado ao hospital tras sufrir unha caída desde uns 15 metros mentres traballaba no porto de Marín. Segundo informou o 112 Galicia, o suceso produciuse sobre as 10.30 horas deste venres e foi o persoal da Autoridade Portuaria o que deu a voz de alarma.
Os Bombeiros rescataron ao operario que escorregou na parte superior do guindastre e foi trasladado en ambulancia ao Hospital Domínguez. No operativo tamén participaron os profesionais sanitarios, a Garda Civil e a Policía Nacional.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.