Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/08/2025 | Actualizada ás 16:32
A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Elena Espinosa, acusou á Xunta de "faltar á verdade" ao acusar o Estado de sacar "poucas prazas" de formación sanitaria especializada. Neste sentido, lembrou que o Goberno central leva "sete anos consecutivos" habilitando o "maior número de prazas MIR da historia" e se non ten máis prazas é "porque non as pide".
Nun comunicado, Espinosa sinalou que a realidade é que "cantas máis prazas" hai en Galicia "máis quedan baleiras" polas condicións que ofrecen na Aatención Primaria e porque a Xunta "despreza a oportunidade" de ter "máis médicos ao deixar sen convocar" todas as prazas de formación que ten dispoñibles.
Neste sentido, explicou que Galicia "está a renunciar" a aproveitar todas as prazas de formación de médicos de Atención Primaria que ofrece o Estado. "O PP nunca recoñecerá que hoxe pagamos os recortes do seu partido pola rebaixa de médicos impostas polo goberno de Rajoy e os que aplican Alfonso Rueda e Alberto Núñez Feijóo voluntariamente", criticou.
A continuación, lamentou a "irresponsabilidade" dos gobernos do PP que "nunca sacaron as prazas necesarias" de formación sanitaria especializada, fronte ao "incremento constante" convocado "cada ano" desde que Pedro Sánchez é presidente do Goberno.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.