PSdeG: "Volveremos ás zonas afectadas para escoitar e acompañar aos afectados polos incendios"

Avanza que este domingo inician o seu plan de accións contra os incendios en en Vilamartín.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/09/2025 | Actualizada ás 12:06

Comparte esta noticia

A portavoz socialista no Parlamento de Galicia, Lara Méndez, reiterou o seu apoio aos damnificados polos incendios e avanzou que este domingo iniciarán o seu plan de accións na zona máis afectada, Vilamartín de Valdeorras.

Tal e como subliñou a socialista en rolda de prensa, "volverán ás zonas afectadas para acompañar aos que perderon os seus bens e a súa historia", para "escoitalos e acompañalos". Ademais, esixirán desde alí compromisos e medidas que "devolvan a vida ao rural".Neste contexto, denunciou os "incumprimentos" do Partido Popular, que provocan que cada ano se produza "o mesmo drama de incendios" porque non hai unha política forestal "seria nin planificada".

Méndez, lembrou que en 2018 aprobouse no Parlamento un ditame con 123 medidas para a prevención de incendios, que contou co apoio dos socialistas, e que o PP non chegou a cumprir. Por iso, "Galicia atópase no mesmo punto de desprotección ante grandes incendios como fai sete anos".

Pola súa banda, a portavoz de Política Forestal do grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, reprochou que o PP "promete moito e non fai nada", e que os incendios "non se apagan en agosto, evítanse en xaneiro, febreiro e marzo con planificación". A continuación, manifestou a vontade do PSdeG de escoitar aos veciños, alcaldes e colectivos das zonas afectadas, porque é "fundamental" para deseñar unha "política forestal realista". "Non imos permitir que a Xunta siga convertendo o rural en cinza, imos esixir que Galicia teña por fin unha política forestal á altura do que merece", salientou.

As portavoces socialistas en rolda de prensa
As portavoces socialistas en rolda de prensa | Fonte: Europa Press

TRANSPORTES

Pola súa banda,  portavoz socialista no Parlamento de Galicia, Lara Méndez, celebrou os avances anunciados polo Ministerio de Transportes en relación coa rede de proximidade que contempla a implantación progresiva de novos servizos ferroviarios en Galicia, e esixiu responsabilidades á Xunta porque "tamén ten competencias".

Preguntada polos medios de comunicación acerca da novidade que avanzou este mércores o Ministro de Transportes, Óscar Puente, Méndez destacou que estas medidas responden en parte ás achegas que a formación vén realizando tanto desde o Congreso como desde Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta