Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 13/09/2025 | Actualizada ás 11:54
Catro persoas resultaron feridas despois de ser atropeladas por un autobús que manobraba nas proximidades dunha discoteca do municipio pontevedrés de Pontecesures. Segundo a información do 112 Galicia, o suceso produciuse despois das 06.30 horas deste sábado e foron varios particulares os que deron a voz de alarma e detallaron que, varias persoas que estaban a esperar o autobús fosen atropeladas polo vehículo cando realizaba manobras.
A central de emerxencias solicitou a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico e do GES de Padrón. Unha vez no punto os medios de emerxencias confirmaron que catro persoas resultaron feridas e foron evacuadas en ambulancia ao Hospital de Santiago.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.