Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 20/09/2025 | Actualizada ás 17:11
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante este verán, desde as 15,00 horas do venres 27 xuño ata as 23,59 horas do domingo 31 de agosto, a 1.847 persoas. Segundo informou a Xunta nun comunicado, a Central de Coordinación do 061, recibiu neses días 1.852 chamadas en relación con sinistros nas estradas galegas.
As chamadas de demanda por esta causa xeraron 1.427 asistencias sanitarias dos recursos asistenciais mobilizados pola Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. En canto á proporción de homes e mulleres atendidos foi do 58% e do 42%, respectivamente. Sobre a idade dos feridos, o 27% das persoas atendidas tiña entre os 45 e os 59 anos. Por provincias, Pontevedra foi a que máis sinistros rexistrou con 594 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas, fronte aos 511 da Coruña, 168 de Ourense e 154 de Lugo.
Os recursos sanitarios mobilizados foron un total de 1.757. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en 198 accidentes, o helicóptero medicalizado atendeu en 16 ocasións, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 1.412 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061 prestaron asistencia sanitaria en 131 accidentes.
Con todo, en 1.558 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 266 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e 23 persoas faleceron no punto.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.