O Sergas convocará 27 novas prazas de fisioterapia para reforzar a atención sanitaria

José Ramón Parada salienta o papel destes profesionais na abordaxe da dor crónica e na proximidade co paciente

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/09/2025 | Actualizada ás 15:20

Comparte esta noticia

O xerente do Servizo Galego de Saúde, José Ramón Parada, anunciou este sábado que o Diario Oficial de Galicia publicará en breve a convocatoria de 27 novas prazas estatutarias de fisioterapia. O obxectivo, dixo, é consolidar un cadro de profesionais "máis numeroso, estable e capaz de responder aos retos asistenciais actuais".

Fisioterapia respiratoria
Fisioterapia respiratoria

Segundo explicou Parada na inauguración da IV Xornada da Asociación Científica de Fisioterapeutas de Galicia, a convocatoria reunirá as prazas incluídas nas ofertas de emprego público de 2024 e 2025.

Na súa intervención, o xerente destacou que a dor crónica é "un dos grandes retos sanitarios, sociais e económicos do século XXI". Subliñou que o Sergas ten a responsabilidade de artellar unha resposta "organizada, multidisciplinar e centrada na persoa", na que a fisioterapia debe desempeñar un papel esencial.

Parada insistiu en que os fisioterapeutas son "imprescindibles" porque traballan con obxectivos de movemento, forza, mobilidade e ergonomía, pero tamén pola súa proximidade ao paciente, o seguimento continuado e a capacidade para fomentar cambios no estilo de vida.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta