Pepe Penabade, actor: "O teatro é unha ferramenta marabillosa para a autoestima e aprender de todo"
Pepe Penabade, actor, profesor de teatro e dinamizador cultural, forma parte da Asociación Cultural Volta e Dálle que está detrás do Teatro das Cortes. No lugar de Xestoso, parroquia de Cabanas, O Vicedo, abriu hai tres anos esta iniciativa que anima cunha ampla oferta a vida cultural da Mariña.