Morre un motorista nunha caída na A-55 ao seu paso por Mos

Neste operativo participaron 061, Garda Civil de Tráfico, GES de Mos e o servizo de mantemento de autovía.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 30/09/2025 | Actualizada ás 10:05

Comparte esta noticia

Un motorista faleceu nunha caída na noite do luns cando circulaba pola autovía A-55 ao seu paso polo municipio pontevedrés de Mos. Segundo informa o 112 galicia, un particular avisou pasadas as 21,30 horas do luns de que acaba de presenciar unha caída de moto no quilómetro 9 da A-55, en Tameiga (Mos).

Accidente de moto. AXEGA
Accidente de moto. AXEGA | Fonte: Europa Press

Posteriormente, outras persoas que se comunicaron co 112 avisaban de que non respondía e estaban a tratar de reanimalo. Neste operativo participaron 061, Garda Civil de Tráfico, GES de Mos e o servizo de mantemento de autovía.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta