Ferida unha persoa nun accidente de tráfico en Xermade (Lugo)

Os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarcerar na tarde deste sábado unha persoa que quedara atrapada no interior do seu vehículo tras sufrir un accidente de tráfico na localidade lucense de Xermade.

LUGO | 02/07/2016 | Actualizada ás 19:46 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarcerar na tarde deste sábado unha persoa que quedara atrapada no interior do seu vehículo tras sufrir un accidente de tráfico na localidade lucense de Xermade.

Segundo a información do CAE 112-Galicia, o suceso aconteceu sobre as 13,00 horas na estrada LU-861, que une Cabreiros con Vilalba, á altura da parroquia de Candamil, onde o vehículo se saíu da vía e acabou envorcado.

Ata o lugar dos feitos desprazáronse efectivos dos Bombeiros, o GES de Guitiriz e a Garda Civil de Tráfico, así como persoal sanitario do 061, que atendeu a vítima.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA