Por Europa Press / Redacción | ASTURIAS | 23/05/2025 | Actualizada ás 18:52
Salvamento Marítimo participou este venres na evacuación médica dun tripulante do pesqueiro galego Maruxia Dous, segundo comunicaron a través das redes sociais. O barco, no momento da evacuación, atopábase a 12 millas ao Nordés de Xixón. Ata o lugar mobilizouse a embarcación de rescate Salvamar Rigel. Foi trasladado ao porto xixonés do Musel, onde se atopaba xa esperando unha ambulancia, que fixo unha primeira avaliación do tripulante.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.