Xosé Manuel Beiras - Carmen Santos

Parece que de súpeto rendeu a urxencia de definir o posible candidato das confluencias de unidade popular. Xa se empezan a tirar nomes. Aínda que ninguén fala de cales son as propostas que debería representar o hipotético candidato/a. Emitíronse tímidas autocriticas ou interpretacións dos últimos resultados.

Por Lois Pérez Leira | Vigo | 11/07/2016

Comparte esta noticia

Perdeuse un deputado e un senador e non pasou nada. Perdéronse votos nas cidades que gobernan as Mareas e tampouco pasou nada e en Vigo pasaron a ser a segunda forza política, cidade onde non existe ningún liderado, nin Marea de Vigo ten ningunha incidencia no panorama galego.

Por certo Cangas e ou Grove - con histórica tradición de esquerdas- foron as únicas que lograron a maioría de votos. No caso de Cangas unha alianza histórica entre a FPG e Esquerda Unida. É rechamante que durante máis dunha década esta alianza en Cangas nunca foi recoñecida oficialmente pola condución de Esquerda Unida. Todo o contrario foi criticada e descualificada de forma regular. A actitude unitaria da Alternativa Cangesa de Esquerdas foi dando os seus resultados que demostraron que ese era o camiño correcto. Os mesmos que criticaban esta alternativa unitaria de esquerdas, boicotearon de forma constante calquera candidatura destas características en Vigo. Como foi o intento da candidatura denominada CIES e nas últimas municipais as posibilidades de converxencia de Marea de Vigo con Gañemos Vigo, que xerase un efecto positivo entre os votantes. O resultado foi un fracaso electoral - malia os tres concelleiros- e a falta dunha forza opositora de esquerdas na cidade.

Volvendo ao tema que esta sobre a mesa que é si a esquerda social e política pode crear un instrumento electoral para derrotar á dereita e gobernar Galicia? A resposta é complicada. As condicións existen. Os sectores afectados pola crise -malia os reparos electorais que demostraron- manteñen a ilusión colectiva de que se logre unha alianza de goberno de progreso, co PSOE. Pero tamén nos indican que non só queren candidatos ou alcaldes honestos e “guapos” esixen gobernos e líderes que teñan un proxecto de país.

Desde a aparición de AGE ata estas últimas eleccións a cidadanía a percibido que o fenómeno electoral en Galicia está marcado nesta etapa, por dúas marcas políticas moi fortes e convocantes. Por unha banda a marca Beiras, que foi capaz nun mes de producir aquela verdadeira marea electoral e doutra banda a marca PODEMOS ou Pablo Iglesias s
Esta alianza de marcas é e seguirá sendo por unha etapa a garantía do éxito electoral, capaz de ser unha verdadeira alternativa de goberno nas próximas eleccións ao parlamento de Galicia.

Por iso a síntese dunha candidatura que poida visibilizar estas dúas marcas en pouco tempo é a fórmula Xosé Manuel Beiras Presidente e Carmen Santos líder de Podemos como vice presidenta

As restantes variantes están chamadas ao fracaso non se poden improvisar candidatos en poucos meses. Quen o insinuei está traballando para o fracaso electoral

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Lois Pérez Leira Naceu en Vigo en 1953, emigrando á Arxentina cos seus pais sendo aínda un neno. En 1990 retorno definitivamente a Galicia, especializándose en temas migratorios. Durante estes últimos anos escribiu numerosos libros sobre a emigración galega e impartiu distintas conferencias en distintos países do mundo. Nos últimos anos se dedicou ao documentalismo sendo director de 18 documentais. Na actualidade é o secretario xeral de Nova Esquerda Socialista, organización que participa do Novo Proyecto Común. Foi distinguido en numerososa oportunidades, sendo nomeado cidadán ilustre da cidade de Salvador de Bahia.