O PPdeG volve propoñer a Jiménez Morán e a Fernando Carlos Rodríguez para as súas prazas de senador autonómico

O que fose rival de Manuel Baltar foi elixido para este mesmo cargo en 2011 e tras o 20D

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/07/2016 | Actualizada ás 12:59 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O Grupo Popular rexistrou este venres a súa proposta para os dous senadores por designación autonómica que lles corresponden. Para as devanditas prazas, Alberto Núñez Feijóo volveu apostar por Juan Manuel Jiménez Morán e Fernando Carlos Rodríguez Pérez, os mesmos nomes que xa propuxera tras as eleccións do 20 de decembro.

Juan Manuel Jiménez Morán, que se enfrontou, co aval da dirección galega do PPdeG, ao agora presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, no congreso do partido provincial na sucesión de José Luis Baltar, foi elixido polo Parlamento de Galicia para este mesmo cargo no ano 2011 e tamén tras o 20D.

Ademais, os populares tamén volveron rexistrar o nome do lucense Fernando Carlos Rodríguez Pérez, que xa ocupou cargo de senador elixido nas urnas entre 2000 e 2004 e foi alcalde de Bóveda (Lugo).

Ambos os dous serán elixidos xunto ao senador socialista, unha praza para o que a dirección rexistrou a Modesto Pose, co desacordo de grande parte do Grupo Parlamentario, quen formulou a idoneidade de que o elixido fose o coruñés José Luis Méndez Romeu, quen perdeu as primarias a candidato para a Xunta contra Xoaquín Fernández Leiceaga.

JIMÉNEZ MORÁN

Natural de Verín (Ourense), Juan Manuel Jiménez é axudante técnico sanitario e diplomado universitario en Enfermaría. Actualmente, é concelleiro do seu municipio, cargo que ocupa dende 1983, e foi alcalde en dúas etapas, entre 1995 e abril de 2004 e dende xuño de 2007 ata 2015. 2015.

No partido, Jiménez Morán é membro do Comité Executivo partido Popular de Galicia. Ademais, formou parte do consello de administración da Compañía de Radio Televisión de Galicia dende xullo de 1994 ata 2011.

FERNANDO CARLOS RODRÍGUEZ

Pola súa parte, natural de Bóveda, Fernando Carlos Rodríguez Pérez é farmacéutico de profesión. Foi concelleiro no seu concello de 1979 a 1999 e alcalde deste concello entre 1984 e 1985.

Ademais, foi concelleiro en Sarria entre 1999 e 2003, deputado provincial en Lugo entre os anos 79 e 91, deputado no Parlamento de Galicia entre 1985 e 1999 e senador electo por Lugo entre 2000 e 2008.

Actualmente, é membro do Comité Executivo do Partido Popular de Galicia e presidente do Comité Electoral do PPdeG. Foi presidente e fundador da Asociación Grupo Local de Desenvolvemento Rural Río Lor dende 1991 a 1995, encargada de levar adiante o 'Plan Caurel'.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta