A nova Xunta reduce 59 altos cargos

A nova Xunta reduce de 125 a 66 de direccións e secretarías xerais e delegacións provinciais. Destas últimas, suprimense 51, ao crearse cinco "superdelegados". A actual Xunta recupera elementos do organigrama da Xunta de Fraga como a Dirección Xeral de Vivenda e Solo ou que Turismo pase a depender de Cultura e Política Lingüística de Educación...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 21/04/2009 | Actualizada ás 18:18

Comparte esta noticia

A Presidencia da Xunta asume a Secretaría Xeral para o Deporte así como unha nova Secretaría Xeral de Modernización e Tecnoloxía, a Secretaría Xeral de Igualdade (antes dependente da Vicepresidencia) e manten Emigración e a Secretaría Xeral de Comunicación.

A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza contará con sete direccións xerais, entre elas unha que fusionará as anteriores secretarías xerais de Relacións Institucionais e de Relacións Parlamentarias. Tamén coordinará a Secretaría Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea.

Traballo e Benestar terá a maior parte das áreas da Vicepresidencia e de Traballo e incorpora unha nova Secretaría Xeral de Familia e Benestar e unha Dirección Xeral de Dependencia e Autonomía Persoal. Nesta Consellería intégranse tamén o Consorcio de Servizos Sociais e Sogaserso.

A Dirección Xeral de Función Pública pasa a Facenda. A Consellería de Economía e Industria terá entre as súas competencias todas as da anterior Innovación e Industria e, a maiores, o Igape, XesGalicia ou BIC Galicia.

Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas asume as direccións xerais de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes e converte a anterior Consellería de Vivenda no Instituto Galego de Vivenda e Solo, como na anterior Xunta de Fraga. Desaparece SPI e Aceusa e ccrease a Axencia Galega de Estradas. Toda a política de ordenación do territorio queda integrada neste departamento, que tamén asume a maior parte das competencias da antiga Consellería de Medio Ambiente. Así, xestionará Augas de Galicia e crea unha Dirección Xeral de Sostenibilidade e Paisaxe.

A Consellería do Mar asume as anteriores competencias de Pesca e incorpora o ente Portos de Galicia.

Pola súa banda, Medio Rural incorpora ás súas competencias a Dirección Xeral de Conservación da Natureza. A Dirección Xeral de Industrias Agropecuarias únese a Industrias Forestais.

A área de Sanidade mantén a mesma estrutura que co bipartito aínda que unifica as dúas direccións xerais que tiñan no departamento de Sanidade Pública e Planificación.

O departamento de Cultura recupera as competencias de Turismo nunha Secretaría Xeral, mentres que o de Educación asume Política Lingüística e unha nova Secretaría Xeral de Universidades, que englobará dúas direccións xerais actuais. Ademais, amplía a súa estrutura cunha Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 26 comentarios

11 anónimo

Ai, pero esas familias que estaban pendentes do postiño-enchufe para ir veranear a "Sanjenjo o´sea telojuro", xa teñen ao fillo colocado por catro anos, que estaba a cousa moi mal.

10 alberto

lamentablemente non pomponio...co previsto aumento de secretarios xerais, mais os que se aveciñan e de vice-secretarios, todo quedará como estaba, mais ou menos, quizais unha ducia abaixo, non significativo. haberá que segir tamén como se forman os gabinetes...

9 Pomponio

A información é falsa. 66 é o número de Secretarías Xerais e Direccións Xerais. Faltan os subdirectores xerais que non se inclúen no excel que aparece na web da xunta. Un subdirector xeral por cada director xeral da como resultado 132. Total... non será o número o mesmo?
A iso sumaremos os delegados 8super) de cada provincia e a noa figura que crearán debaixo.

Seguro que reducíu algo?

8 Piruletas

Hoy vamos a daros algunas claves para que interpreteis el nuevo gobierno:

1) es un gobierno sudista
2) hay algún "guay" y algún "gay"
3) Romay nombró a dos
4) en Coruña están que braman con el vigués que franquicia la ropa de Obama
5) Pepe Blanco tiene una Conselleira en el gobierno del PP cuando en el bipartito sólo colocara una interventora general, que por cierto despidió Fernández Antonio (al cual no perdonó nunca).

7 noxo noxo

Piliteiro, van faser o mesmiño que fixeron os outros. Máis ou menos. Os pringaos coido que non imos notar a diferenza.....