Beiras represéntame

Parece ser que a Marea esta revolta, que existe mar de fondo, que chocan correntes frías con quentes. Algúns a relacionan co fenómeno do Neno. Outros que existen moitos pescadores en mar revolto. Aínda que os vellos mariñeros auguran unha tempada moi difícil. Hai moito mariñeiro e pouca captura para repartir.

Por Lois Pérez Leira | Vigo | 22/07/2016

Comparte esta noticia

Os novos patróns da flota chamada “do cambio” novos inexpertos mariñeros, afeitos navegar en augas tranquilas, están producindo ondas xigantes. Algúns deles aínda son poucos coñecidos nas tabernas dos portos, da nosa brava e sufrida costa. Atrás quedaron aqueles curtidos homes que se enfrontaban aos mares embravecidos, cantando, soñando, tras almorzar unha copa de aguardente e pensar nunha muller que seguía esperando no porto.

Galicia hoxe é un buque sen capitán e sen destino. A confusión apoderouse de todas as mentes e de todos os corazóns. Canto estraño a homes como Castelao, Ramón Suárez Picallo, Alexandre Boveda ou Alonso Ríos. A Moncho Revoiras a Luís Soto e tantos outros que nos deron patria e conciencia nacional.

Hoxe trátase de usar a camisa fóra do pantalón, o gorro que protexe a melena, as palabras ocas, o programa sen programa. O discurso aprendido de memoria, repetindo frase lindas, que soben e baixan da escaleira.

Atópome con novos actores políticos que pasan a definir o destino do noso país; que se animan a determinar quen poden ser os futuros capitáns deste barco; que por agora está á deriva e fai tan só dous anos, na historia colectiva de Galiza, habían estado ausentes.  Non existían. Polo menos as hemerotecas así o demostran.

Ás veces penso que isto é parte dunha película surrealista. Outras veces creo que se achega ao neorrealismo italiano, por momento ao cine negro ou a de terror. Aínda que tamén quero recoñecer que algunhas se parecen ás malas comedias do franquismo.

O certo é que pronto haberá eleccións, que En Marea xa recibiu unha chamada de atención electoral, perdendo votos e representantes. Tamén o certo é que todas estas disputas, só serven para potenciar á dereita do PP ou ao social liberalismo Xacobino do PSOE.

Como diría Lorenzo Varela, Beiras é o noso Castelao contemporáneo. É o único capaz de conducir este barco colectivo que se chama Galizaa. É un mariñeiro que percorreu todos os mares, que visito todos os portos. Que coñece á súa terra e ao seu pobo. Que pode ilusionar cunha proposta colectiva de país, aos que foron afectados polas políticas neoliberais. É o único que pode plantarse ante a España Borbonica e corrupta, para defender os nosos dereitos nacionais e sociais.
 
Debemos de deixar de facer este tremendo papelón e construír un novo instrumento electoral rupturista, que abra un proceso constituínte no noso país. Para iso é necesario contar tamén co BNG e outra forzas soberanistas.

Non pode haber contradición na confluencia, entre as forzas patrióticas e a esquerda estatal, a partir dun programa electoral de esquerdas, que defenda os dereitos de autodeterminación de Galiza, en camiño á República Galega
.
Non me valen os argumentos do BNG de que só pactarían con forzas nacionalistas, cando durante décadas pactaron e gobernaron co PSOE ou con Esquerda Unida en Madrid. Nin me vale a opinión dalgúns militantes de Podemos que solicitan presentarse sos, para repartir, mellor o pastel.

Xa o dixen noutro artigo neste medio, Xosé Manuel Beiras debe dar unha zapatazo político sobre a mesa, para reconducir e liderar este proceso. A min  represéntame. Represéntanos a miles de galegos e galegas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Lois Pérez Leira Naceu en Vigo en 1953, emigrando á Arxentina cos seus pais sendo aínda un neno. En 1990 retorno definitivamente a Galicia, especializándose en temas migratorios. Durante estes últimos anos escribiu numerosos libros sobre a emigración galega e impartiu distintas conferencias en distintos países do mundo. Nos últimos anos se dedicou ao documentalismo sendo director de 18 documentais. Na actualidade é o secretario xeral de Nova Esquerda Socialista, organización que participa do Novo Proyecto Común. Foi distinguido en numerososa oportunidades, sendo nomeado cidadán ilustre da cidade de Salvador de Bahia.