Os problemas da nova Xunta

A pesar dos chamamentos feitos polo novo presidente ao anterior executivo para que apuraran a súa saída, o certo é que mes e medio despois da súa toma de posesión hai áreas importantes para as que non topa os perfís adecuados...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 12/05/2009 | Actualizada ás 08:50

Comparte esta noticia

Pero hai tres áreas sensibles do novo goberno que seguen vacantes a pesar da súa importancia estratéxica: Dirección Xeral de Cultura, Secretaría Xeral de Política Lingüística e Secretaría Xeral de Comunicación. A pesar das numerosas sondaxes feitas, mesmo polo propio Feijóo, os resultados teñen sido infructuosos ata o momento.

E especialmente complicado está sendo para os conselleiros de Cultura e Educación atopar as persoas adecuadas para facerse coas áreas de Cultura e Lingua; as patatas quentes da nova Xunta. E é que o mundo da cultura e da ensinanza está en pé de guerra desde que o PPdeG utilizara como baza electoral a derogación do decreto do galego. Semella que xogar coa lingua neste país "é moi perigoso", tal e como apuntan nos mentideiros culturais do país.

Nestas semanas teñen sido moitas as persoas "tocadas", principalmente da órbita socialista e nacionalista,  para levar as rendas da cultura e da lingua, pero ata o momento, todas teñen dito que non. O argumento é moi semellante en todos; non sentirse representados coas sensibilidades culturais e lingüísticas do novo goberno.

Roberto Varela, o novo conselleiro de Cultura, é o que máis problemas tivo para conformar equipo. E é que Varela foi unha das segundas opcións de Feijóo para este departamento logo das negativas de importantes persoeiros da cultura, como foi o caso de Ramón Villares. O novo conselleiro viña para xestionar a Cidade da Cultura e tivo que facerse coas rendas de todo o departamento.  Ata o pasado xoves a estructura básica da súa consellería non estaba definida: os directores xerais de Patrimonio Cultural, Turismo e Xacobeo foron nomeados no Consello da Xunta do Xoves e no seu nomeamento ten moito que ver o PPdeG. Falta aínda nomear a quen vai dirixir a política cultural e tamén a quen vai xestionar a Cidade da Cultura, un tema que Feijóo evitou abordar durante o seu discurso de investidura e do que tenta fuxir nas distintas entrevistas feitas.

No caso de Política Lingüística atopar un candidato aínda vai ser moito máis difícil. Polo momento, ninguén quere facerse co que todos din que é un "marrón" e dende a Xunta xa están pensando nun perfil "máis político que académico" para que ocupe este posto.

Tamén hai dificultades para cubrir a Secretaría Xeral de Comunicación e a dirección xeral da CRTVG. Feijóo non atopa o perfil adecuado para levar as rendas da comunicación, a pesar de que candidatos non lle sobran. Para este posto teñen sonado desde Lois Blanco, Luis Pérez e mesmo Sánchez Izquierdo, que tamén rexeitou dirixir a CRTVG. Polo momento é a coordinadora de Comunicación da Executiva popular, Mar Sánchez, a encargada de dirixir as tarefas comunicativas da Xunta. Nesta situación, os populares temen que sexan os cargos nomeados polo anterior bipartito os encargados de pivotar os espazos electorais das vindeiras europeas, unha situación que incomoda a uns e a outros no ente público.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 18 comentarios

8 Ramon Mercader

A porcallada que fixeron Feijoo e Rajoy para gañar a eleizóns estánse a ber agora. Como van ir pra Xunta xente, mais ou menos seria, que teñen que facer verdade das mentiras que contaron estes dous cantamañanas. A eles colleunos tan de sorpresa gañar o 1M que están en calzoncillos. Os galegos fixeron como os italianos. Votan al caballieri porque pensan que lles vai resolver os seus problemas e o que van e ficar cos petos valeiros. Aqui pasará igual, bueno os do PP quedarán colocados. Rajoy inda vai ter que falar galego, xa veredes.

Saúdos

7 anonimus

eu tamen te quero meu trolliño.saudos ao aymerich que creo que esta en horas baixas.

6 Zush

"que vengan os perdedores a decirle ao pp o que esta ben e o que esta mal e digno de estudio.
mentres uns traballan por galicia (...)"

(anonimus, 11 Maio 2009)

5 XORNALISTA

Hai cobardía entre os profesionais. Pois deberían arriscar con xornalstas ainda máis novos, iso sí, que saiban "lidiar", pero que teñan criterio.
Eses "novos" amiguet@s de Mar, que ademasi pode ela adaptar ao seu gusto teñen moito que gañar e nada que perder...máis nestes tempos de crise.

4 anónimo

O perfil adecuado que busca Feijoo é de 40 a 50 anos, preferiblemente varón, e de escaso peso político, intelectual e profesional. Igual que bancos e grandes corporacións, os que pasan dos 50 xa non serven nesta nova era. Son xubilados ou prexubilados aos que lles pasou o seu tempo. Como moito, para cargos eméritos, véxase Palmou no Consello de Contas. Por outra banda, os bos profesionais como Sánchez Izquierdo ou Villanueva danlle nones e incluso xente do seu partido espera tempos mellores. O caso máis flagrante son os de Puy Fraga a Ana Pastor, que non quixeron estar na Xunta.