Galicia reduce ata o 15,1% a taxa de abandono escolar e achégase ao obxectivo da UE para 2020

Galicia rexistrou no segundo trimestre de 2016 unha taxa de abandono educativo temperán do 15,1 por cento, co que alcanza practicamente o obxectivo do 15 por cento fixado pola Unión Europea na Estratexia de Educación e Formación para o ano 2020 en España.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/07/2016 | Actualizada ás 16:17 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou no segundo trimestre de 2016 unha taxa de abandono educativo temperán do 15,1 por cento, co que alcanza practicamente o obxectivo do 15 por cento fixado pola Unión Europea na Estratexia de Educación e Formación para o ano 2020 en España.

Segundo informou a Xunta nun comunicado, se se toma como referencia o primeiro semestre do ano, a porcentaxe de persoas que deixan de estudar sen alcanzar un título se sitúa no 15,6 por cento e representa un descenso de 10 puntos respecto do rexistrado no ano 2009, que era do 25,8 por cento.

Así, tanto a media de primeiro semestre como o dato do segundo trimestre son as cifras máis baixas neste ámbito rexistradas dende que existen datos ao respecto no Instituto Galego de Estatística.

O abandono escolar defínese como a poboación entre 18 e 24 anos que non completou o nivel de educación secundaria de segunda etapa e non consegue ningún tipo de formación regulada ou non.

A CONSELLERÍA CELEBRA O DATO

A Consellería de Educación celebrou este dato e destacou que confirma a "tendencia á redución desta taxa" grazas ás "medidas e políticas desenvolvidas polo actual Goberno galego dende hai sete anos", cunha baixada do abandono superior a un punto porcentual por ano.

Así, recordou que o Goberno actual puxo en marcha os contratos-programa para favorecer o reforzo das competencias básicas e a excelencia. Neste curso, participaron nesta iniciativa unha de cada tres centros educativos públicos, un total de 378.

A FP Básica, creada pola Lomce, é "outro dos piares fundamentais para avanzar no descenso do abandono", explicou a consellería, quen destacou que en Galicia "se realizou unha importante aposta pola formación profesional a través da que se incrementou substancialmente o número de persoas que cursan estas ensinanzas".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta