PONTEVEDRA | 30/07/2016 | Actualizada ás 17:57 por EUROPA PRESS
Un motorista resultou ferido a caer da moto coa que circulaba pola estrada que une Samieira e Raxó, concretamente en Monte Covelo, no Concello pontevedrés de Poio.
Segundo informou o CAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar minutos antes das 12,00 horas e ningún outro vehículo se viu implicado no accidente.
Tras ser alertados por Urxencias Médicas, o CAE 112 Galicia avisou aos axentes de Tráfico e da Policía Local de Poio. Igualmente, informouse aos efectivos do GES de Sanxenxo e de Protección Civil de Poio.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.