Temas: MúSICA

Fanfare Ciocarlia e Radio Cos actuarán na Quintana

O Festival Feito a Man presenta A Festa BalGalaika, unha celebración do encontro entre as músicas ‘gipsy’ dos Balcáns e as músicas bailables da tradición galega; o encontro entre as músicas do oriente e do occidente europeo.

Por GC Tendencias | Santiago | 02/08/2016 | Actualizada ás 15:04

Comparte esta noticia

O Festival Feito a Man quere con esta festa BalGalaika rendir unha homenaxe moi especial a esta irrepetible banda no seu XX aniversario. Esta formación mítica de gipsy brass, que naceu en Zece Prajini (norleste de Romanía), acadou xa a categoría de patrimonio da humanidade.

Radio Cos
Radio Cos

Fanfare Çiocarlia é o grupo musical máis internacional de Rumanía e son ben conhecidos en Compostela e en Galicia, onde ofreceron varios concertos desde 1997, un deles no propio Feito a Man. Teñen percorrido todo o mundo, con máis dun milleiro de concertos ás súas costas e un palmarés que confirma a Fanfare Çiocarlia como umha das bandas máis populares do planeta e aos seus shows ao vivo como unha das experiencias sonoras máis impresionantes e salvaxes da actualidade.

Radio Cos

 

Radio Cos son Xurxo Fernandes e Quique Peón, cantantes e percusionistas do grupo, dous referentes no eido da investigación etnográfica en Galicia. As melodías utilizadas neste proxecto pertencen aos seus arquivos de gravacións de campo, traballo que levan facendo por todo o país desde hai máis de tres décadas. Veñen de ser elixidos na Selección Oficial do WOMEX 16, a feira de ‘world music’ máis importante do mundo. 

 

Dez anos son os que Radio Cos leva percorrendo escenarios de toda Europa transmitindo o seu modo de entender a nosa música tradicional. Co seu primeiro disco ‘Sete cuncas’ (Fol Música, 2013) confirmáronse como un dos proxectos máis interesantes da música galega: música de raíz que mestura a sonoridade máis arcaica con elementos tirados da propia tradición e melodías alleas que gardan relación co país. 

 

A banda confórmana tres prestixiosos músicos: Pedro Lamas na gaita e saxo soprano, Nikolay Velikov no violino e Xan Pampín no acordeón. Este traballo, concebido con forza e alegría, quere mostrar a invisibilidade que sufren as culturas minorizadas a pesar de estar aí, de arrodearnos, de ser verdades manifestamente palpables.

 

Entradas

 

As entradas estarán dispoñibles desde este xoves nos locais da asociación Cidade Vella, que organiza o Festival Feito a Man, e en breve tamén a través de Internet. Os locais onde se poden mercar as entradas son os seguintes: Camalea, Modus Vivendi, Atlántico, Fraggle Rock, La Croquette, Chocolate, O Pozo, Casa das Crechas, Literarios, A Gramola, Paraíso Perdido, Kapital, Borriquita de Belém, Xuntanza, A Caldeirería, SCQ, A Reixa, Embora, Momo… A Rúa e O Ateneo 30. 

 

Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta