A carne de vaca e boi galega contará cunha indicación xeográfica protexida para preservar as producións

A carne fresca de vaca e boi nacidos e criados en Galicia contará dende este martes cunha Indicación Xeográfica protexida (IGP) propia, que permitirá "poñer en valor" e preservar as producións, segundo destacou a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, durante unha visita a unha explotación de vacún de carne en Cospeito (Lugo).

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/08/2016 | Actualizada ás 18:57 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A carne fresca de vaca e boi nacidos e criados en Galicia contará dende este martes cunha Indicación Xeográfica protexida (IGP) propia, que permitirá "poñer en valor" e preservar as producións, segundo destacou a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, durante unha visita a unha explotación de vacún de carne en Cospeito (Lugo).

O Boletín Oficial do Estado (BOE) resolveu este martes a concesión deste recoñecemento que fora solicitado pola Xunta o pasado 22 de xullo e que a titular de Medio Rural celebrou por ser un suceso de "importancia", segundo sinala a Xunta nun comunicado.

Para contar con esta indicación, o produto obterase das principais razas existentes: a loura galega, morena galega, asturiana dos vales, limusina, loura de Aquitania e frisoa. Ademais, algunha das características técnicas esixidas será que a carne estea refrixerada, sen que poida ser conxelada en ningún momento.

Así mesmo, a vaca ha de ser unha femia con, polo menos, unha xestación antes do sacrificio, mentres que o boi debe ser un macho castrado antes dun ano de vida e que supere os 48 meses de idade antes do sacrificio.

ETIQUETAXE POR FASES

Esta IGP abranguerá a totalidade do territorio galego e os animais teñen que nacer, criarse, engordar e sacrificarse na comunidade. Cada unha destas fases constará cunha etiquetaxe concreta que permita o control do animal.

Ademais, establecerase un consello regulador único para as indicacións xeográficas protexidas da tenreira galega e da carne de vaca e boi, co fin de manter unha relación entre estes dous selos de calidade.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta